PROSAGAP

Sindicato de Profesionais da Sanidade Galega Pública

Nosos Valores

PROSAGAP pretende ser un sindicato innovador e moderno ao crearse sen ningún condicionante estrutural nin ideolóxico.

PROSAGAP desmárcase da liña de actuación doutros sindicatos e abre un novo camiño dicindo si á repartición da bolsa de horas e non ás liberacións sindicais, así como ás institucionais porque entende que, os delegados, deben estar sempre en contacto cos traballadores e os problemas das empresas onde, estes, prestan servizos. Convencidos que, con estes valores, os traballadores recuperarán a Fé perdida nos seus órganos de representación e nos sindicatos en xeral.

PROSAGAP comprométese a loitar pola igualdade de oportunidades no acceso aos dereitos laborais, sociais e sindicais, en contra calquera forma de discriminación por motivos de sexo, procedencia, nacionalidade, crenzas relixiosas e cultura.

Igualmente, comprométese coa defensa dun sistema sanitario Público, Universal, Gratuíto e de Calidade.

Noticias

Nomeamentos Longa Duración categoría de Enfermeiro/a

14 de mayo de 2025

Publicouse a relación  numerada de nomeamentos de longa duración da categoría de Enfermeiro/a que próximamente se ofertarán mediante nomeamentos de interinidade en praza vacante e nomeamento de substitución de titular con dereito á reserva de praza na Área Sanitaria de Vigo. No anexo podedes atopar: 1.- As prazas numeradas que están relacionadas cun posto nun…

Ver Noticia

TSXG obriga ao Sergas a computar experiencia dunha enfermeira en Portugal

23 de abril de 2025

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ven fe recoñecer o dereito dunha enfermeira a cal, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) compute a súa experiencia en Portugal, onde prestou servizo durante case 20 anos, aos efectos de recoñecemento do grado profesional. Trátase dun fallo do alto tribunal galego emitido o pasado 2 de Abril…

Ver Noticia
prosagap-defendete

NOTICIAS

23 de abril de 2025

Como xa bén sabedes vimos de vivir unha certa situación de precariedade, na que nos estamos vendo expost@s. Non está demáis nunca, que tomemos cartas no asunto; posto que a gravidade cada vez é maior. NON ÁS AGRESIÓNS O PERSOAL Nesta convocatoria tentamos de conseguir que estes feitos que acontecen, sexan visibles e que se…

Ver Noticia

Noticias Sergas

NOMEAMENTO

22 de abril de 2025

Hoxe publicouse: RESOLUCIÓN do 23 de Abril de 2025, da Dirección Xeneral de Recursos Humanos, pola que se procede o nomeamento como persoal estatutario fixo e adxudicación de destino definitivo os/as  aspirantes seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a, convocado pola Resolución do 15 de Marzo de 2022.  

Ver Noticia

Eventos

Próximamente iremos poñendo Eventos

Concursos e Oposicións

Concursos e Oposicións

Documentos 

Leis

XESTIÓN DE CHAMAMENTOS

ACEPTACIÓN:
-Cunha antelación suficiente ao inicio do vínculo: minimo de 3 chamadas cun intervalo non inferior a 15 minutos entre as mesmas. De non ter resposta pasarase ao seguinte aspirante. (Cunha antelación inferior a 3 horas, aceptación voluntaria no primeiro chamamento e obrigatoria no segundo.
PENALIZACIÓN:
-Quen non atenda 10 ou máis chamadas nun prazo de 30 días a partires do día seguinte da primeira chamada non aceptada, será penalizad@ cun ano ao final da lista.

SUSPENSIÓN DE CHAMAMENTO DE REACTIVACIÓN AUTOMÁTICA
1) Falecemento dun familiar ata segundo grao. (3 días)
2)Hospitalización por enfermidade grave de familiar ata primeiro grao. (3 días)
3)Cumprimento dun deber público inescusable. (Propio día)
4)Consulta médica de AE no SERGAS do aspirante, fillos menores ou maiores o seu cargo. (Propio día)
5)Concorrencia a probas convocadas pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. (Propio día)
6)Asuntos propios sen xustificación, por unha vez ao ano. EXCEPTO período estival, Nadal e Semana Santa. ( 30 días
naturais máx.).

Reforma laboral do ano 2021

Real Decreto-lei 32/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo.

Lizagón

Estatutos

Lei 55/2003, do 16 de Decembro, do Estatuto Marco do persoal estatutario dos servicios de saúde

Mais información no enlace seguinte: Lei 55/2003, do 16 de Decembro, do Estatuto Marco

Lizagón

ESTATUTO MARCO

Estatuto Marco do persoal estatutario dos servicios da saude.

Lizagón

Normativas Sergas

Regulamento das Vacacións

Normativas vacacions. Calendario laboral de Galiza: DECRETO 171/2024, do 8 de xullo, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2025.

Lizagón

Outros Documentos

Nomeamentos Longa Duración

Publicouse a relación  numerada de nomeamentos de longa duración da categoría de Enfermeiro/a que
próximamente se ofertarán mediante nomeamentos de interinidade en praza vacante e nomeamento de
substitución de titular con dereito á reserva de praza na Área Sanitaria de Vigo.

No anexo podedes atopar:

1.- As prazas numeradas que están relacionadas cun posto nun destino e quenda dunha unidade, na que se procederá á incorporación, sen que isto dea dereito a este posto como destino definitivo.
2.- Esta información faise publica a fin de que as persoas aspirantes estuden os postos ofertados con antelación, para permitir que no momento do chamamento dende o Servizo de recursos humanos comuniquen a súa opción, axilizando os chamamentos.

Descargar

Non dubides en plantearnos calquer tipo de pregunta e intentaremos resolvercha.

Suscríbete e recibe as nosas novas

Nome *
Correo electrónico *